mar-de-aves

Mar de aves: o novo sitio web das aves mariñas do Parque Nacional e Rías Baixas xa está aberto ao público.

Consultar no seguinte enderezo:

Mar de aves

Este traballo foi feito polo Doutor en Bioloxía Ignacio Munilla.

A finalidade deste portal é recompilar e achegarlle ao público o coñecemento existente sobre as aves mariñas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e da súa área de influencia, as Rías Baixas.

Neste portal atoparás:

-Un repositorio de publicacións científicas e técnicas, moitas delas de acceso libre e listas para ser baixadas en formato pdf.

-Táboas de datos cos censos das poboacións de aves mariñas e outros datos de interese.

-Unha descrición da bioloxía e ecoloxía das especies de aves mariñas máis comúns no Parque Nacional e Rías Baixas.

Publicación feita ao abeiro da Orde do 23 de setembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e se convocan para os exercicios orzamentarios dos anos 2015 e 2016.

 

Imaxe destacada:

©  Mar de aves

Share This