1024px-Bottlenose_dolphin

Son mamíferos adaptados á vida mariña, coma os  cetáceos, os máis frecuentes nas nosas costas, entre os que se inclúen baleas, toniñas ou golfiños.

Contamos con 20 especies de cetáceos (baleas e golfiños) e 5 especies de lobos mariños.

Algunhas destas especies viven nas nosas costas e outras están de paso cara a outras áreas.

Así, dentro dos cetáceos, temos ao  golfiño común, golfiño riscado, arroaz, caldeirón, arroaz boto, toniña e cachalote, alimentados xeralmente todos eles de peixes e cefalópodos. Está presente tamén a balea común, alimentada de pequenos crustáceos e peixes.

O golfiño común é a especie máis frecuente, tanto na nosa costa como nos varamentos.

Os máis costeiros e doados de observar son os arroaces que poden medir ata os 3,5 metros.

Ademais, pode sorprendernos a presenza de toniñas, caldeiróns ou arroaces botos, aínda que son especies máis oceánicas.

Imaxes:

– Arroaz (imaxe destacada): U.S. Fish and Wildlife Service [Public domain], via Wikimedia Commons

– Golfiño común: Mmo iwdg (Own work) [CC BY-SA 3.0 or GFDL], via Wikimedia Commons

– Caldeirón 1: Barney Moss [CC BY 2.0], via Wikimedia Commons

– Caldeirón 1: Barney Moss [CC BY 2.0], via Wikimedia Commons

– Arroaz: U.S. Fish and Wildlife Service [Public domain], via Wikimedia Commons

– Cachalotes:  via Wikimedia Commons

– Balea común 1:  via Wikimedia Commons

– Aleta caudal cachalote:  via Wikimedia Commons

– Balea común 2:  via Wikimedia Commons

– Foca gris: via Wikimedia Commons

 

Share This