odonatos-1

Libeliñas. Odonatos de Galicia

Listado e clasificación dos odonatos de Galicia con impresionantes imaxes do blog LIBELIÑAS de Anxos Romeo, que aporta tanto os nomes científicos coma populares das distintas especies autóctonas de odonatos de Galicia así coma información adicional sobre estes insectos. A través do Portal das Palabras.

Preme sobre o nome científico das diferentes especies para poder mirar as imaxes e consultar información adicional das diferentes especies:

Zygoptera – Cabaliños
Familia Lestidae – Gaiteiriños:
Chalcolestes viridis – Gaiteiriño verdescente
Lestes barbarus – Gaiteiriño bérber
Lestes dryas –   Gaiteiriño dríade
Lestes sponsa – Gaiteiriño violáceo
Lestes virens – Gaiteiriño noivo
Sympecma fusca – Gaiteiriño de inverno
Familia Calopterygidae – Gaiteiros:
Calopteryx haemorrhoidalis – Gaiteiro vermello
Calopteryx virgo – Gaiteiro azul
Calopteryx xanthostoma – Gaiteiro bicolor
Familia Epallagidae
Familia Platycnemididae – Patexas:
Platycnemis acutipennis – Patexa rubia
Platycnemis latipes – Patexa branca
Familia Coenagrionidae – Donceliñas
Ceriagrion tenellum – Donceliña fina
Coenagrion mercuriale – Donceliña de Mercuri
Coenagrion puella – Donceliña pequena
Coenagrion scitulum – Donceliña grácia
Enallagma cyathigerum – Donceliña de copa
Erythromma lindenii – Donceliña de Linde
Erythromma viridulum – Donceliña de ollos vermellos
Ischnura elegans – Donceliña elegante
Ischnura graellsii – Donceliña de Graells
Ischnura pumilio – Donceliña anana
Pyrrhosoma nymphula – Donceliña vermella
Anisoptera – Libélulas
Familia Aeshnidae – Libeliñas e emperadores:
Aeshna affinis – Libeliña afín
Aeshna cyanea – Libeliña de cu azul
Aeshna isoceles – Libeliña isósceles
Aeshna juncea – Libeliña brañega
Aeshna mixta – Libeliña de outomo
Anax ephippiger – Emperador peregrino
Anax imperator – Emperador grande
Anax parthenope – Emperador pequeno
Boyeria irene – Libeliña do luscofusco
Brachytron pratense – Libeliña peluda
Familia Gomphidae – Candís:
Gomphus graslinii – Candil de Grasli
Gomphus pulchellus – Candil fermosa
Gomphus simillimus – Candil similar
Onychogomphus forcipatus – Candil tenazada
Onychogomphus uncatus – Candil curvado
Familia Cordulegastridae – Tizóns:
Cordulegaster boltonii – Tizón de Bolton
Familia Incertae sedis – Esmeraldas:
Oxygastra curtisii – Esmeralda de Curtis
Familia Macromiidae – Esmeraldas:
Macromia splendens – Esmeralda espléndida
Familia Corduliidae – Esmeraldas
Familia Libellulidae – Libélulas e Lavacús:
Crocothemis erythraea – Lavacú escarlata
Libellula depressa – Libélula azuleir
Libellula quadrimaculata – Libélula maculata
Orthetrum brunneum – Libélula mediterránea
Orthetrum cancellatum – Libélula de cu negro
Orthetrum coerulescens – Libélula celeste
Sympetrum flaveolum – Lavacú azafrán
Sympetrum fonscolombii – Lavacú de Fonscolombe
Sympetrum meridionale – Lavacú meridional
Sympetrum sanguineum – Lavacú sanguiño
Sympetrum striolatum – Lavacú estriado
Trithemis annulata – Lavacú violeta

Descargar en PDF 

Portal das Palabras

Imaxes: 
© Anxos Romeo
Share This