lavadoiro cucorno

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XXII)

Os seus lugares

Lavadoiro de Cucorno

Lavadoiro construído na década do 50, situado no barrio de Cucorno, que aproveita as augas do rego de Cucorno. O lavadoiro está parcialmente escavado na terra, ao que se accede por medio dunha escalinata de pedra, onde tamén hai un depósito cunha billa.

É de planta rectangular e está construído en ladrillo, cemento e formigón. A cuberta está sostida por dúas columnas de sección cuadrangular e dúas paredes pechando o recinto. O tellado é a dúas augas é de placa de formigón sen cubrición de tella. Na cornixa do teito que dá para o oeste ten pintado un mural cunha enredadeira que decora o acceso. No interior deste recinto ten unha pía rectangular con dúas pedras de lavar, unha enfronte da outra. A auga entra polo oeste e desauga polo leste, directamente cara ao rego.

 

lavadoiro cucorno

A construción vista pola zona de acceso. No frontal ten pintada unha enredadeira

Imaxe: © CSIC

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Share This