Lapas e arneirons-min (1)

Lapas, caramuxos e arneiróns, son habitantes habituais da zona intermareal rochosa do Parque Nacional

No intermareal, no mesolitoral superior zona exposta aos cambios propiciados polo estado das mareas, abundan diversas especies de moluscos que están adaptados perfectamente para estar en seco longos períodos de tempo. Ocupan espazos do litoral rochoso.

As lapas (Patella. sp) viven fixadas fortemente ao substrato chegando formar pequenas depresións nas rochas. Son animais hervíboros que á noite e cando sube a marea son quen de se desprazar en busca de alimento para volver máis tarde ao mesmo lugar. Chega tapizar as rochas.

O caramuxo (monodonta lineata) é un gasterópodo abundante na zona mesolitroral superior destas costas rochosas. Fixado ao substrato onde vive, aliméntase de algas microscópicas e brotes.

Nesta rexión e franxa observamos tamén aos arneiróns (Chthamalus montagui). Localizada no mesmo substrato rochoso que lapas e caramuxos en zonas moderadamenre expostas aos rigores do mar. Aliméntase a partir da filtración de partículas en suspensión.

 

Imaxe:

Suso Framil

Share This