Gonzalo 2 2

IV Xornadas de investigación no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Entre os obxectivos cos que se declara un Parque Nacional atópase o de fomentar o coñecemento dos seus valores e contribuir ao fomento da investigación científica. No caso do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia estase a levar a cabo un importante esforzo investigador e de seguimento dos distintos valores naturais e culturais do Parque.

Este incremento do coñecemento producido polo nivel de estudo que se concentra no Parque ten que ir asociado coa difusión dos resultados obtidos e a transmisión do coñecemento dirixida ás persoas con relación profesional e vocacional co medio ambiente, e tamén ao público en xeral.
Por cuarto ano consecutivo, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a través do Parque Nacional, quere difundir o resultado das actuacións e proxectos que nos axudan a acadar cada día un coñecemento máis completo da súa contorna.

Para iso organízanse as IV XORNADAS DE INVESTIGACIÓN E SEGUIMENTO do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, destinadas a profesionais do medio ambiente, investigadores, estudantes e todas as persoas interesadas.

OBXECTIVOS DAS XORNADAS:
Dar a coñecer a profesionais relacionados co medio ambiente e ao público en xeral a actividade de investigación e seguimento no Parque Nacional.
Difundir a importancia de mellora do coñecemento do medio natural e o enorme interese dos Parques Nacionais como focos de coñecemento e experiencias extrapolables a outros lugares.
Establecer unha dinámica de trasmisión do coñecemento desde os focos de produción ata os profesionais e o gran público.

LUGAR DE REALIZACIÓN, NÚMERO DE PRAZAS:
Centro Visitantes Cambón . Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. RUA OLIVA 3, Vigo. 65 prazas
COORDINADORES: Jose Antonio Fernández Bouzas, Montserrat Martínez Morán e Vicente Piorno González

PROGRAMA
MÉRCORES, 8 DE NOVEMBRO DE 2017: SEGUIMENTO E INVESTIGACIÓN NO MEDIO MARIÑO

10:00 – 10: 30 Recepción dos participantes e entrega da documentación
10:30 – 11:00 Presentación das Xornadas. José Antonio Fernández, Director Conservador do Parque Nacional
11:00 – 12:00 Seguimento extensivo e intensivo do medio mariño do Parque Nacional. Pep Amengual, Organismo Autónomo Parques Nacionales
12:00 – 12: 30 Seguimento do esforzo pesqueiro e marisqueiro no Parque Nacional. José María Parada, biólogo consultor especialista en pesca e marisqueo.
12:30 – 13:00 Pausa
13:00 – 13:30 As redes tróficas mariñas no Parque Nacional. Lluís Cardona, Universidad de Barcelona.
13:30 – 14:00 “Las mil caras de la laguna de Dos Nenos: 6000 años de cambio ecológico. Miguel Angel Mateo, Centro de Estudios Avanzados de Blanes – CSIC.”
14:00 – 14:30 Seguimento de comunidades costeiras rochosas suxeitas a extracción. Cristina Piñeiro, Universidade de A Coruña.

XOVES, 9 DE NOVEMBRO DE 2017: SEGUIMENTO E INVESTIGACIÓN NO MEDIO TERRESTRE

9:30 – 10:00 Plan de control da flora alóctona do Parque Nacional. César Blanco Consultor especialista en flora invasora
10:00 – 10: 30 Flora invasora e insectos no Parque Nacional Jonatan Rodríguez, Universidade de Vigo
10:30 – 11:00 Especies invasoras e cambio climático. Rubén Retuerto, Universidade de Santiago de Compostela
11:00 – 11:30 Seguimento das comunidades liquénicas do Parque Nacional. María Sanchez Viezma, Consultora especialista en líques.
11:30 – 12:00 Pausa
12:00 – 12: 30 Seguimento das aves mariñas do Parque nacional. Nacho Munilla, biólogo especialista en aves mariñas.
12:30 – 13:00 Control e erradicación de carnívoros introducidos no Parque Nacional. Rafael Romero, Biológo consultor especialista en xestión de fauna silvestre
13:00 – 13:30 A rata negra no Parque Nacional. Asier Rodríguez, Biólogo consultor especialista en xestión do medio natural
13:30 – 14:00 A historia da vexetación das Illas Atlánticas. Pablo Ramil, IBADER – Universidade de Santiago

INSCRIPCION DE BALDE AQUÍ

IV XORNADAS

Imaxe destacada© Gonzalo Pérez

Share This