Invasións biolóxicas: o caso do mexillón cebra (Dreissena polymorpha)

  /  NATUREZA   /  Invasións biolóxicas: o caso do mexillón cebra (Dreissena polymorpha)

Invasións biolóxicas: o caso do mexillón cebra (Dreissena polymorpha)

Mediante este video de animación 3D o laboratorio de Ecoloxía e Evolución de plantas e o Grupo Divulgare da Universidade de Vigo pretenden mostrar cales son as causas e mecanismos polos que unha especie aparentemente estable no seu ecosistema natural pode converterse nunha “perigosa” especie invasora cando é desprazada a outra área xeográfica. Móstranse ademáis algunhas das consecuencias que este fenómeno pode ter sobre os ecosistemas e infraestructuras do ambiente que colonizan. Isto o mostran cun dos exemplos máis paradigmáticos de invasión biolóxica en España: o mexillón cebra (Dreissena polymorpha).

Este vídeo, que se presenta en HD 720p, foi creado para a súa libre utilización coma material docente. Na medida do posible, o grupo Divulgare continuará engadindomáis videos semellantes.

Finalista no Concurso Ciencia en Acción 2010, na modalidade “Cortos Científicos”

Share This