© Pedro Figueras

Parque Nacional marítimo-terrestre das illas Atlánticas de Galicia. Arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

Introdución aos cantís litorais do Parque Nacional (I)

As illas presentan dúas caras ou vertentes ben diferenciadasoccidental e oriental u oeste e leste, a primeira moito máis abrupta con cantís verticais e a segunda máis amable e suave con areais sistemas de dunas.

É unha paisaxe de contrastes, modelada pola acción dos axentes erosivos.

Son illas de formas alongadas (Cíes e Ons), moi caracterizadas por esa morfoloxía oposta entre as caras oeste e leste.  A ondaxe do mar ao longo do tempo foi erosionando a costa, xerando fendas, socavando e provocando a caída de bloques, formándose deste xeito os cantís verticais que observamos na actualidade.

Polo tanto, zonas cunha gran influencia do mar, bater das ondasvento e alta salinidade que tamén contribúen de maneira importante a modelar a paisaxe de ambas caras ou vertentes.

Por tanto solos con condicionantes adversos para o desenvolvemento das plantas onde só a vexetación especializada é quen de se instalar.

Así a vexetación adopta forma de almofada para ofrecer menor resistencia. As colonias de gaivotas inflúen nestas comunidades vexetais enriquecendo os solos con substancias fertilizantes a partir dos seus excrementos.

Segundo a proximidade do mar, distinguimos varias bandas de vexetación. Nas zonas máis baixas e próximas ao mar, moi influídas polas pingas do mar, atópase o pirixel de mar, a herba de namorarfento mariñoeiruga ou macela mariña.

Na seguinte franxa, por enriba da anterior, aparecen pasteiros onde chegan pingas pulverizadas das ondas, provocando alta salinidade. Aquí xorden herba de namorar, silente mariñadáctilos mariñosherba trigabrizocaléndula mariña ou parietaria.

Na parte superior do cantil temos a zonas menos influenciada polas pingas mariñas, onde aparece a matogueira costeira de cantil con toxosilene mariñabrizo, margarida grande de cantil, dáctilo mariñocarpaza mouratrovisco ou xestas, como a cytisus insularis, único endemismo do Parque, presente en Ons e Sálvora.

Continuará…

Imaxe destacada:

Pedro Figueras

Imaxes galería:

Santiago Boado Aguinaga e Pedro Figueras

Share This