ceida

Está a punto de pechar a inscrición para o Curso de Introdución ao Estudo de Morcegos, que terá lugar a vindeira fin de semana, do 5 ao 7 de agosto. A actividade, organizada polo CEIDA en colaboración coa Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, incluirá charlas teóricas impartidas por Xosé Pardavila e Adrián Lamosa de Biolearn (http://www.biolearn.org), profesionais que levan máis de vinte anos traballando no medio natural cunha grande experiencia en estudos de fauna salvaxe; e prácticas no entorno do río Mandeo. Neste entorno fluvial da Reserva da Biosfera MCeTM, os participantes poderán empregar as principais metodoloxías e ferramentas utilizadas no estudo destas especies, como os detectores de ultrasóns, ou as redes de néboa; ademais de aprender a construír refuxios artificiais para contribuír á súa conservación.

Máis información e inscricións: http://www.ceida.org/formacion/curso-introducion-ao-estudo-dos-morcegos-edicion-veran.html

Share This