garranos

Inicio dos faladoiros do IEM: Que son os garranos salvaxes que habitan nos montes de Galicia? por Felipe Bárcena Varela de Limia

O venres 11 de novembro ás 20:30 horas, iniciamos ” Os faladoiros do IEM” con “Que son os garranos salvaxes que habitan nos montes de Galicia?” a cargo de Felipe Bárcena Varela de Limia, especialista en mamíferos silvestres e investigador asociado do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía; Bioloxía Celular e Ecoloxía do Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias na Universidade de Santiago de Compostela. Foi coordinador de máis de doce proxectos científicos de larga duración financiados con fondos públicos e privados; é autor de más de cincuenta artigos en revistas científicas, de numerosos informes oficiais e de tres libros; ten presentado cerca dun centenar de comunicacións en congresos científicos. Dende 2006 a súa actividade científica está centrada na investigación da historia natural dos garranos.
Será no local do IEM, a Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar).
Felipe Bárcena Varela de Limia é especialista en mamíferos silvestres de Galicia, particularmente en lobos e garranos.
Comezou seus traballos de investigación sobre os lobos en 1974, baixo a dirección do profesor don José Antonio Valverde, que fora fundador do Parque Nacional e da Estación Biolóxica de Doñana. Respecto ó lobo, foi o responsable dos censos realizados en Galicia: en 1988 para o ICONA e en 1995 para a Xunta de Galicia.
En 1975 e sendo catedrático don Antonio Martínez, entrou a formar parte do equipo de investigación do Laboratorio de Parasitoloxía, na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Nese mesmo centro e tamén como investigador asociado no Instituto de Investigación e Análises Alimentarias, coordinou máis de doce proxectos científicos de larga duración financiados con fondos públicos e privados, entre os que destaca o multidisciplinar: Estudio do coello (Oryctolagus cuniculus L., 1758) na Comunidade Autónoma de Galicia.
Entre outras actividades relacionadas coa difusión da ciencia, presidiu o comité local do Euro-American Mammal Congress, que no verán de 1998 reuniu en Santiago a máis de 750 especialistas pertencentes a máis de cincuenta países.
Durante dezaoito anos foi presidente da Xunta Rectora do Parque Natural das Illas Cíes. É autor de máis de cincuenta artigos en revistas científicas, de numerosos informes oficiais e de tres libros. Ten presentado cerca dun cento de comunicacións en congresos científicos. Ven realizando o seu labor científico como investigador asociado no Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía; Bioloxía Celular e Ecoloxía do Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias na Universidade de Santiago de Compostela, onde ten tutelado, coa dirección a realización de tres teses doutorais e numerosos traballos de postgrado. É membro de numerosas sociedades científicas españolas e estranxeiras, entre outras, membro fundador da Sociedade Galega de Historia Natural e a de Amigos do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.
Dende o ano 2006 ten centrado a súa actividade investigadora na historia natural dos garranos, que cristalizou nunha teses de doutoramento, na publicación de catro artigos en revistas científicas españolas e estranxeiras, seis comunicacións científicas en congresos internacionais, así como diversos informes e proxectos. Entre 2006-2010 coordinou o proxecto de investigación: “Ecoloxía dos ponis salvaxes (Equus ferus sp.) no centro da Dorsal Galega”. Así mesmo ten pronunciado numerosas conferencias sobre os garranos en diversas localidades de España e Portugal.

Máis información e contacto:

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Share This