01217 - copia

Ano 1968. Imaxe da cabina do flamante “Illas Sicas”, da compañía Vapores de Pasaje, que operou ata o ano 2008. O seu principal cometido foi transportar excursionistas ás illas Cíes dende o porto de Vigo. As súa capacidade para 500 prazas supuxo un fito na época. Unha nova era para o transporte de pasaxe na ría de Vigo.

Unha das curiosidades do ‘“Illas Ficas”’ é o seu propio nome, que é produto dunha confusión. A denominación orixinal do barco era “‘Illas Sicas”’, como se aprecia na imaxe. Con todo, o encargado de anotalo no rexistro confundiu o ‘s’ co ‘f’, e o resultado foi un híbrido sen sentido que se mantivo durante anos.

Contunuará…

Imaxe:

Arquivo Autoridade Portuaria de Vigo

Ler tamén: Novo logo Vapores de Pasaje e buque “Islas Ficas”

Share This