froitos-do-noso-monte

III Xornadas Froitos do noso monte de Montes de Vigo

Abertas as inscricións para coñecer os segredos de olivas e cogomelos en Galicia e desgustar cogomelos e castañas asadas. Será a III Xornada Froitos do Noso Monte de Montes de Vigo.

Cando chega o outono, chegan con forza os froitos do bosque. Entre eles están os cogomelos que teñen os seus misterios e necesitan ser descubertos e coñecidos en profundidade antes de acercarse a eles: os hai que se comen e outros non. Por eso desde Montes de Vigo invitamos a coñecelos e a descubrir tamén o mundo da oliva que se expande en Galicia e tamén na Comunidade de Montes de Candeán.

Montes de Vigo invita o próximo venres, 18 de novembro entre as 19.00 e 21.00h no Edificio da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilus, en Comesaña a aprender sobre estes froitos. Os que se achequen teñen premio ao final da xornada: Degustación de cogomelos e castañas asadas!

Programa do evento:

 

19.00h  Apertura e presentación

19.10h  As plantacións de oliveira en Galicia- José Galán

A historia da olivera en Galicia

A olivicultura moderna na nosa comunidade

Realizacións de plantacións de oliveira en Galicia

Coidados básicos e rendibilidade da oliveira

19.50h  O Mundo dos cogomelosManuel Domínguez Rey

Nutrición, crecemento e reprodución

Partes e crecemento dun cogomelo

Consellos de recolección e comportamento

Lexislación

Clasificación

20.30h Degustación de cogomelos e de castañas asadas-Agrupación Micolóxica a  Zarrota

Máis información, contacto e inscricións:

Inscricións no enderezo: Área Social do Monte ou clicando aquí.

Montes de Vigo

Correo: montesdevigo.servizos@gmail.com

Montes de Vigo/www.montesdevigo.org

Facebook

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Share This