sghn NOVEMBRO

I Xornada Galega de Patrimonio Natural e Biodiversidade

A Delegación de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural organiza a I Xornada Galega de Patrimonio Natural e Biodiversidade, unha xornada repartida en dúas sesións, mañá e tarde onde se abordarán temáticas tan diversas e de actualidade como poden ser os lumes foirestais, os microplásticos nos oceanos, o declive dos polinizadores, o xornalismo ambiental ou mesmo a Antártida.

Xa pola tarde, pequenas exposicións de apenas 15 minutos sobre experiencias do máis concreto, como o voluntariado ambiental nas Gándaras de Budiño, os garrranos, a custodia do territorio, a restauración de ecosistemas litorais en Vigo, os seguimentos de fauna ou os fentos ameazados.

Concluirá a xornada cun interesante debate sobre os temas abordados este día.

Data xornada: sábado, 25 de Novembro dende as 9:30 ata as 19:00

Lugar: Escola Universitaria de Enxeñería Forestal, Campus de Pontevedra, Universidade de Vigo

Inscrición previa (gratuita) en: pontevedra@sghn.org

Sociedade Galega de Historia Natural

Programación I Xornada Galega de Patrimonio Natural e Biodiversidade

sghn NOVEMBRO 2

Share This