turismo-corrixido

I Xornada de Turismo Científico

NOVOS ENFOQUES TURÍSTICOS EN CIDADES E ESPAZOS NATURAIS. Innovación en sectores tradicionais

VIGO, 30 de novembro de 2016

Esta Xornada aborda, desde unha óptica innovadora, a integración da Divulgación científica como elemento transversal en Turismo, co obxectivo de construír novas canles que permitan achegar coñecemento científico á sociedade aproveitando as estruturas propias das que se vale o Turismo.

Os cambios nas sociedades actuais levan aparellados novos hábitos turísticos nas cidades e Espazos Naturais e o sector debe afrontar os retos derivados deste  cambio social,  superar as debilidades xeradas no seu propio desenvolvemento e  adaptarse de forma sustentable a unha contorna onde o perfil de turista demanda  produtos cada vez máis específicos e de maior calidade.

O Turismo Científico é unha modalidade turística vinculada á ciencia e orientada ao fomento dunha cultura científica que permite explicar os valores dun territorio da man do coñecemento científico xerado neles. Esta nova vertente do Turismo promove novas fórmulas de difusión do coñecemento pensadas para públicos interesados na práctica de actividades afastadas das propias do turismo de masas. As súas actividades permiten o achegamento do visitante, desde a perspectiva dun observador científico,  á nova contorna por descubrir,  promovéndose e facilitándose a súa compresión.

Así, a divulgación da Ciencia, o Medio Ambiente e o Turismo conforman as bases deste emerxente e innovador segmento do Turismo que debido a súa incipiencia e necesidade de boas prácticas rigorosas, precisa tamén, e especialmente, de mecanismos de control para unha maior calidade da súa oferta.

A xornada terá lugar no Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, na rúa Oliva, 3 en Vigo.

Descarga aquí a ficha de inscrición.

Premer sobre as imaxes para poder consultar o programa:

Share This