Ponte de Ricovanca 2 (1)-min

O  pasado venres 18  de marzo pola tarde, Agaia, Asociación de Guías Acreditados do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia,  realizou a súa Primeira Xornada de Formación en terras do interior, pero moi relacionadas historicamente  coas Illas Atlánticas, a comarca de Carballiño.  Baixo a colaboración de  tres profesionais da  arqueoloxía  (Juanjo Álvarez, Jorge Lamas e Diego Reboreda) , membros do  Grupo  Ecoloxista Outeiro e  o Centro de Estudios Chamoso Lamas,  mergullámonos no  patrimonio arqueolóxico e etnográfico de Beariz.

Foi unha xornada moi intensa , emotiva, e a pesares da intensa choiva e a néboa, todos os participantes quedamos enfeitizados  pola gran cantidade de restos neolíticos e medievais,  e pola cultura popular tan rica desta zona.  Nas nosas mochilas, gardamos todos os coñecementos  aprendidos para poder incluílos  nas rutas interpretativas que cada un de nós realizamos no parque na tempada estival.

Tamén, pola recente declaración de destino Starlight no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, a xornada finalizou pola noite no Observatorio de Forcarei, onde puidemos coñecer o traballo dos astrónomos e a importancia deste observatorio grazas ao astrónomo Ricardo Lago.

Imaxes:

Andrea López Doriga, Juanjo Álvarez e María Cedrón

Email: agaias.info@gmail.com

Facebook

Share This