Maratón Starlihgt encabezamento

I MARATÓN FOTOGRÁFICO STARLIGHT ILLAS CÍES
28-29 de Maio de 2016.

I edición do Maratón fotográfico Starlight Illas Cíes 2016. Información de interese para participar nesta actividade para gozar con todos os sentidos nun lugar único.
Calquera dúbida ao respecto  podes escribirao mail formacion@luzlux.com onde responderán ás túas preguntas.

DATA: Sábado 28 a Domingo 29 de Maio de 2016.

LUGAR: Illas Cíes, Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia.

ACTIVIDADE: O Maratón consiste nun concurso fotográfico no que as imaxes dos participantes deben ser tomadas nun lugar e data concretos (Illas Cíes 28-29 de Maio) e presentadas posteriormente para a súa selección e deliberación. As bases estarán dispoñibles en breve para a súa descarga.

INSCRICIÓNS: O prezo desta actividade será de 30 euros onde están incluídos a participación no Maratón, o billete de ida e volta en barco ás Illas Cíes e pasar a noite no cámping.

Os horarios do barco serán:
Saída: Vigo, sábado 28, 15:30h
Regreso: Vigo, Domingo 29, 19:15h

A inscrición faráse mediante mail (formacion@luzlux.com) achegando datos persoais (Nome completo, DNI, dirección, teléfono e mail).

Será necesario que cada participante vaia co seu equipo fotográfico (preferiblemente cámara DSLR ou EVIL, obxectivos e trípode). É aconsellable ir provistos de lanterna e un disparador de cable para a cámara. Ademais o material de cámping para pasar a noite (tenda, saco e esterilla) e roupa de abrigo. As comidas corren por conta de cada participante.

Nº de Prazas: Ilimitadas.

DATA LÍMITE para a inscrición: Venres 20 de Maio.

Apúntache Xa!!!
E para calquera consulta envía un Mail a formación@luzlux.com

Web LuzLux

Facebook LuzLux

Luz Lux starlight fotografía

Share This