Guías do ceo-min

Aberta a matrícula para a inscrición no curso de formación de guías Astronómicos do Parque Nacional das Illas Atlánticas
É a primeira actividade formativa de balde celebrarase dende o 11 ata o 13 de marzo no Centro de Visitantes do Parque Nacional en Vigo, Edificio Cambón e, se as condicións atmosféricas o permiten, faranse prácticas nocturnas de observación das estrelas O prazo para presentar a matrícula péchase o vindeiro 3 de marzo . A Consellería de Medio Ambiente busca proporcionar formación básica para poder organizar e desenvolver actividades de turismo astronómico social nas illas do Parque Nacional

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio abre o período de inscrición no I Curso básico de formación de guías astronómicos no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. Trátase dunha actividade formativa, de balde, que busca proporcionar formación básica para poder organizar e desenvolver actividades de turismo astronómico social nas diferentes illas do Parque Nacional.
Cunha duración de 26 horas, terá lugar dende o vindeiro 11 de marzo ata o 13. O prazo de inscrición remata o 3 de marzo, establécese un tope de 25 participantes.
Os contidos do curso xirarán en torno á figura do Parque Nacional das Illas atlánticas e os principios que o definen como destino turístico Starlight. Tamén se facilitarán coñecementos sobre o ceo, para entender como a meteoroloxía ou a contaminación lumínica condiciona a visualización das estrelas, así como historias e lendas sobre o ceo e sobre os usos tradicionais do mesmo. Este curso tamén inclúe unha sesión práctica, con instrumentos de observación, que se celebrarán en ditas quendas, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.
Existe un modelo de ficha de inscrición que se deberá remitir completamente cuberto ao enderezo electrónico iatlanticas@xunta.es , para formalizar a matrícula.

Descargar documento de inscrición

Share This