© Suso Framil

“Guía de natureza: deseño de itinerarios interpretativos” con Teixugo S.Coop.

O concello de Nigrán, a través da Deputación de Pontevedra, abríu o prazo de inscrición ata o 22 de agosto para o curso “Guía de natureza: deseño de itinerarios interpretativos”.  Conta con 15 prazas e terá lugar en setembro en instalacións do Concello cunha duración de 25 horas. Será impartido polo educador ambiental e divulgador Antón Lois.

O curso está dirixido a persoas de 18 a 35 anos de idade, empadroados no concello de Nigrán. Daráse preferencia ao alumnado que estea en posesión da titulación ou en período de formación nas seguintes especialidades: titulacións expedidas polas escolas de tempo libre, ciclo superior de animación sociocultural e Grao de turismo. Poderán beneficiarse do programa as mozas e mozos empadroados noutros concellos, tendo preferencia as persoas do concello de Nigrán. Tamén poderán beneficiarse do programa aquelas persoas que, de superaren o requisito de idade, estivesen interesadas na actividade, sempre que quedasen prazas vacantes.

A solicitude deberá achegarse coa seguinte documentación: fotocopia do DNI, fotocopia da titulación, certificado da entidade onde se esta a realizar o curso ou pago da matrícula do curso que se está a realizar. As persoas interesadas en participar na convocatoria deberán presentar a solicitude no Rexistro do concello de Nigrán desde as 9:00 horas ás 13:00 horas ata o día 22 de agosto.

*Ampliado prazo de inscrición até cubrir prazas. O comezo do curso será o día 13 de setembro e se desenvolverá en horario de mañá os martes e xoves.

Teixugo S.Coop. Educación Ambiental

Teixugo Scoop

Imaxe destacada:

© Suso Framil

Share This