Gonzaloviana

Gonzalo Viana (1950-1997) foi un singular artista vigués, nado en Bilbao, criado na Coruña, mariño e navegante, cunha vida rica en viaxes e aventuras. Escultor, pintor, debuxante, todo cunha ampla variedade de soportes e formatos, deixounos un expresionista e distópico bestiario de imaxes mitolóxicas e personaxes de fábula procedentes de alí onde o mar estende o seu reino. En contraste, outra parte da súa obra é máis próxima á estética informalista e o comic underground dos anos 80 e nela configura unha realidade urbana distorsionada dende a ironía dadaísta. As imaxes deste vídeo foron gravadas na exposición antolóxica que se dedicou a Gonzalo Viana en decembro de 2013.

Imaxe destacada e vídeo reportaxe: Basilio Cegarra.

Share This