© Paco Álvarez

Gamelas coruxeiras na Ría de Vigo

Perspectiva de gamelas varadas na praia da Fontaíña na parroquia viguesa de Coruxo na Ría de Vigo a través dunha imaxe de Paco Álvarez.

Unha embarcación cunha orixe moi remota como así o denota a simplicidade da súa construcción a base de táboas moi anchas. De boas cualidades mariñeiras e eminentemente funcional ten o seu fondo plano, forma cuadrangular e dúas popas.

Atopámolas fundamentalmente na boca da Ría de Vigo e na costa sur da provincia de Pontevedra ata A Guarda así como nalgúns portos do norte de Portugal adapatadas segundo a zona a augas interiores ou de mar aberto, costa rochosa, areosa…diferenciándose os deseños sobre todo polo seu tamaño.

Ten distintas variantes a partir de pequenas modificacións e variantes locais ao longo desta costa, contando así coa gamela canguesa, baionesa, oiense, coruxeira, gardesa ou masseira en Portugal. Ata os anos 60 do pasado século tamén era a embarcación tradicional dos habitantes das illas Cíes así como a dorna o era para os habitantes da illa de Ons.

Eminentemente pesqueira, a súa propulsión tradicional era a vela e a remo antes de xeralizarse o motor foraborda ao que están adaptadas hoxe en día.

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe:

© Paco Álvarez

Share This