Galicia lanza a primeira ruta europea de turismo de mergullo

  /  TURISMO   /  Galicia lanza a primeira ruta europea de turismo de mergullo

Galicia lanza a primeira ruta europea de turismo de mergullo

Galicia lanza a primeira ruta europea de turismo de mergullo

O mergullo e as actividades náuticas como elemento desestacionalizador e diversificador para Galicia. Baixo esta premisa Turismo de Galicia avanzou os primeiros pasos para que o noso territorio adhírase ao proxecto europeo “Wildsea Europe” no que a Comunidade galega participa xunto a Reino Unido, Irlanda e Portugal co obxectivo de crear a primeira ruta europea de turismo de mergullo sustentable.

Trataríase dun itinerario europeo que permitirá conectar lugares de mergullo “de primeiro nivel” establecendo sinerxías cos deportes náuticos, a enogastronomía, o turismo mariñeiro e a arqueoloxía marítima. O proxecto permitirá, segundo explica a Xunta de Galicia, combinalo con actividades náuticas que incluirán percorridos en kaiak polas rías galegas, avistamento de cetáceos ou mesmo actividades para descubrir patrimonio marítimo formado por galeóns, mercantes ou pesqueiros mergullados nas profundidades.

“É unha perfecta oportunidade na que Galicia ofrecerá a súa personalidade e singularidade como destino e tamén a experiencia na posta en marcha de produtos vinculados ao mar, que poderán enriquecer este novo itinerario internacional”, destacou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro durante a presentación da iniciativa, no marco na que se comezaron a celebrar mesas de traballo coa participación de representantes do sector.

O proxecto Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route (WAOH! Route) conta co apoio financeiro da Unión Europea, que achega os 375.000 euros do investimento para a súa posta en marcha e nace “para fortalecer a Europa como un destino sustentable de alta calidade que é capaz de crear unha identidade compartida baseada nos hábitats mariños e no amplo patrimonio subacuático do Atlántico”.

Imaxe destacada: captura de pantalla audiovisual de © Pedro Alonso/Miradas doutros mundos nas Rías Baixas de Galicia 

Share This