Paco-160130-0038-HDR (1)

Fotografía de espazos naturais: Paisaxes da auga

  • Datas: Sábado, 8 de abril de 2017
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros), Monumento Natural Costa Dexo-Serantes
  • Organiza: CEIDA

Obxectivos
Formar aos alumnos/as nas principais técnicas fotográficas e compositivas para abordar fotográficamente diferentes espazos naturais como as montañas e os bosques, entre outros, con especial atención ás paisaxes da auga: litoral, praias, ríos, humedais, fervenzas…

Dirixido a
■ Persoas con certos coñecementos de fotografía dixital con interese en sacarlle un maior partido á súa cámara fotográfica, reflex o compacta e, de maneira particular, na fotografía de territorios, espazos naturais e paisaxes.
■ Profesionais como empresarios turísticos, informadores, guías, monitores de natureza, axentes de desenvolvemento local, dinamizadores sociais, promotores de actividades culturais… ou estudantes de ciencias afíns.

Imparte
Javier Puertas é xeógrafo e fotógrafo de territorios e natureza, experto en espazos naturais e territorios rurais. É membro da Asociación Española de Fotografía de Naturaleza, onde é membro activo do “Comité de Conservación de la Naturaleza”. A súa obra ilustra boa parte da liña editorial de EUROPARC-España e publica en revistas como ‘Foresta’ e ‘Quercus’. Conta con varias exposicións itinerantes artísticas e divulgativas: “Patrimonios verticales”, “El agua y sus paisajes”, “El bosque y sus paisajes”, “La Vera, una visión en blanco y negro” e “Luces africanas: Marruecos”.

Programa

SÁBADO MAÑÁ
9.30 h. a 10.00 h. Presentación do curso e participantes.

10.00 h. a 11.00 h. Bloque I. Técnicas fotográficas fundamentais:
■ Claves técnicas expositivas e efectos fotográficos principais: profundidade de campo vs aillar o motivo, e deter o tempo vs suxerir o movemento.

11.00 h. a 11.30 h. Descanso

11.30 h. a 12.30 h. Bloque II. Espazos naturais, territorios fotográficos:
■ Áreas de montaña. As altas montañas. Estribacións serranas.
■ Bosques e formacións arbóreas. Pastizais e matogueiras.
■ Chairas e espazos abertos: praderías, estepas, campiñas…
■ Desertos cálidos e desertos fríos (altas latitudes).
■ Paisaxes xeolóxicas e xeomorfolóxicas. Volcáns. Ramblas.
■ Paisaxes rurais vs paisaxes naturais.

12.30 h. a 14.30 h. Bloque III. Paisaxes da auga:
■ A auga e as súas paisaxes.
■ Paisaxes costeiros.
■ Lagos e humedais.
■ Fervenzas.
■ Ríos e entornos fluviais.
■ Reflexos acuáticos.
■ Abstraccións naturais sobre a auga.

SÁBADO TARDE
16.30 h. a 19.30 h. Saída fotográfica ao Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes*
* O traslado desde a sede do CEIDA ao Monumento Natural corre por conta dos alumnos/as.
Poderanse realizar varios exercicios fotográficos aplicando os recursos traballados na aula.

Requisitos
Equipo fotográfico dixital, cámara reflex ou compacta, con controles manuais. Máis que recomendable: trípode.

Inclúe
Separatas e selección bibliográfica e de recursos electrónicos. Diploma acreditativo.

Matrícula
40 €

Descargar cartaz

Formulario de inscrición

Premer sobre a imaxe para a ampliar:

Imaxe destacada:

© Paco Álvarez

Share This