© Basilio Cegarra

Fotogalería: San Simón, unha illa ateigada de historia.

Situada na enseada do seu mesmo nome, o arquipélago de San Simón e San Antón é un libro aberto repleto de historia. Dende ordes monásticas, cantigas de amor, historias de incursións piratas ou batallas lendarias coma a de Rande en 1702; lazareto entre 1842 e 1927, campo de concentración na Guerra Civil e posguerra, albergue da garda de Franco u orfanato e fogar “Méndez Núñez”. A illa agocha, nunha porción minúscula de terra,  segredos cargados de historia, acontecementos do pasado que aínda que penosos non convén esquecer.

 

Imaxes: 

© Basilio Cegarra

Share This