fonte do gaiteiro

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XXIX)

Os seus lugares

Fonte do Gaiteiro

Fonte localizada na ladeira oeste do Alto da Cancela, en fronte ao illote do Gaiteiro, e xurde dun manancial natural que cae polo rocha do acantilado. Como elementos artificiais asociados á fonte, está o cano de desaugue, que é metálico e está encastado nunha estrutura totalmente recuberta de formigón. Ausencia de pía, caendo a auga directamente sobre unha superficie de afloramento natural.

fonte do gaiteiro

Detalle da fonte © CSIC

Álvaro de las Casas recolleu unha lenda asociada a esta fonte. Nela describe como David Otero, de 60 anos, “viu unha raíña penteándose na fonte do Gaiteiro: cobríase cunha capa de prata, tiña na testa unha croa de brilantes e o pente relocíalle coma si fora de vidro” (das Casas 1934: 174).

 

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Share This