fonte do castelo

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XXXI)

Os seus lugares

Fonte do Castelo

Manancial que remata nun depósito circular de formigón no que se enlaza a canle natural, nunha zona moi sombría e boscosa. A auga sae por un cano metálico. Desemboca nunha zona onde se estanca a auga a través dun pequeno muro de contención de cachotes e bloques de granito. Este muro deixa saír cara ao sueste un regato que discorre polas veigas inmediatas.

fonte do castelo

Lugar dende onde sae o manancial coas diferentes estruturas asociadas.

A fonte e o seu acceso, sitúanse en forte pendente con antigas terrazas de cultivo con muros de contención de pedra e terra seguindo as curvas de nivel. A auga desta fonte posibilitaba o rego aos numerosos campos de cultivo que había na súa contorna.

Imaxe destacada © CSIC

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Share This