fonte de caniveliñas

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XXXV)

Os seus lugares

Fonte de Caniveliñas

Fonte situada no lugar coñecido como Caniveliñas, nun entrante do mar, nun cantil moi acentuado situado na costa oeste da Illa. Accédese por medio dun camiño de terra que baixa en forte pendente ata esta fonte situada a media ladeira. A fonte está situada nun espazo de planta poligonal irregular realizado a base de cemento e ladrillo con varias saídas de auga por medio de tubos de plástico. Ademais das escaleiras de cemento, polas que se accede a este recinto, ten diversas plataformas de cemento, e un caseto onde debe ir o motor que sorte de auga a outras zonas da illa. Esta fonte é moi utilizada polos campistas da Chan da Pólvora e polo resto dos visitantes da illa.
Esta fonte, na súa orixe, era unha saída de auga sinxela, procedente dunha mina de auga das moitas que hai na illa.

fonte de caniveliñas

Detalle da fonte e demais estruturas asociadas.

Imaxe destacada © CSIC

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Share This