Feo de praia no esteiro da Foz. Nigrán

  /  FOTOBLOG   /  Feo de praia no esteiro da Foz. Nigrán

Feo de praia no esteiro da Foz. Nigrán

Feo de praia no esteiro da Foz. Nigrán

Perspectiva dunha mata de feo de praia (ammophila arenaria), unha gramínea nas dunas de praia Ladeira, no esteiro da foz do río Miñor. A Ramallosa. Nigrán. Ría de Vigo.

Aparece en areais e dunas móbiles onde é predominante. Moi efectiva na fixación das dunas e tradicionalmente empregada en cestería.

O hábitat do feo de praia (Ammophila arenaria) aparece en moitos areais do litoral de Galicia, principalmente no cinto de vexetación das dunas móbiles secundarias. No Parque Nacional aparece nos catro arquipélagos. En Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

Orixinaria do litoral mediterráneo, Portugal e a Galicia occidental.

É unha planta moi importante ao contribuír á estabilización e fixación dos sistemas dunares, permitindo que outras especies colonicen este hábitat. Así, forma ademais unha barreira protectora contra o vento mariño para aquelas especies vexetais que crecen en posicións máis atrasadas (dunas terciarias ou grises). O feo de praia (ammophila arenaria) é unha das plantas que mellor se adaptan a este tipo de ambientes móbiles e salinos.

Imaxes:

Basilio Cegarra

Share This