Estruga de mar alimentándose dun patexo

  /  NATUREZA   /  Estruga de mar alimentándose dun patexo

Estruga de mar alimentándose dun patexo

Anémona comúnestruga de mar ou actínia (Anemonia viridis). É un animal mariño depredador da familia das Actiniidae, orde das Actinarias e do filo dos Cnidarios.

A imaxe mostra a captura dun patexo (Polybius henslowi), pequeno caranguexo, para a súa alimentación, inxerídoo previamente.

As anémonas están dotadas de longos tentáculos urticantes cos que inmobiliza as súas presas, coma se mostra neste documento gráfico. Lógrao a partir de neurotoxinas paralizantes que repostan ao contacto. Do mesmo xeito, tamén evade así aos seus potenciais depredadores.

Adoptan unha cor parda ou verdosa onde destacan as extremidades dos tentáculos de cor púrpura ou violeta. Adoita chegar a medir até os 15 centímetros de lonxitude. Fixada ao subtrato rochoso, aliméntase de produtos e materia orgánica disolta na auga que xeran a algas, tamén placton, peixes e mesmo pequenos crustáceos coma os patexos.

Mantén curiosas relacións mutualistas co carangexo araña (Inachus sp.) e cos lorchos (Gobius sp.) que son inmunes á toxicidade das anémonas. Deste xeito atopan protección fronte a posibles predadores entre os seus tentáculos, e mesmo garanten a súa limpeza a cambio de detritos e parásitos.

Gozan dunha esperanza de vida que pode ir dende os 10 até os 100 anos

É moi habitual no intermareal da costa rochosa do litoral galego e das Illas Atlánticas. Neste caso a captura foi tomada no arquipélago de Ons.

Imaxe:

Suso Framil

Share This