2º-maratón (1)

Segundo Maratón Fotográfico Starlight illas Cíes

A noite do 22 ao 23 de xullo comeza a conta atrás para participar no 2º Maratón Fotográfico Starlight illas Cíes

Fotografía nocturna, experiencias, maratón, concurso, charlas, eventos, astronomía, astrofísica, illas e ceos dos Deuses, paisaxe, Parque Nacional, protagonistas da noite, viaxes, Cíes…

Segundo Maratón fotográfico Starlight nas illas Cíes

Noite pechada…, un arquipélago, tres illas…a túa cámara… e diferentes temas para interpretar o “Ceo dos Deuses”.

Así é o  Maratón fotográfico Starlight illas Cíes, un concurso de fotografía nocturna creado para gozar, compartir e competir nun dos espazos naturais máis fascinantes do planeta.

As illas Cíes pertencen ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e contan entre outros encantos coa distinción de ser Destino Turístico Starlight pola conservación dos seus ceos libres de contaminación lumínica para a observación do firmamento.

Aquí, entre as máis belas postas de Sol sobre o Atlántico e os radiantes amenceres dende unha das mellores praias do mundo, esténdese unha noite máxica, cargada de fábulas e soños, de inquedanzas e ensinos, que só se revelan neste enclave, onde podes tocar o ceo.

Por iso os días 22 e 23 de xullo organizamos este 2º Maratón, para mostrar este ceo a quen aínda non o coñece, reunindo a amantes da observación da noite, a adictos a conversar baixo as estrelas, a ilusionistas da luz dos astros, entusiastas da fotografía nocturna capaces de captar a mellor instantánea para expola ao mundo e así preservar o ceo máxico das Illas dos Deuses.

Es un deles?, a que esperas para inscribirte…

Ligazóns de interese:

EsolympusMaratonStarlightCíes

Evento facebook

Ligazón inscricións

Bases do concurso na web de Luzlux en PDF

Hagstag: #Maratonstarlightcies #Maratonstarlightcies2017

Máis información e contacto:

A través do email: soporte@luzlux.com

Páxina web de Luzlux ou en Facebook

Premer sobre as imaxes para poder ampliar a galería e mirar a programación e mais as características desta actividade:

Share This