Esponxa entre anémonas

  /  FOTOBLOG   /  Esponxa entre anémonas

Esponxa entre anémonas

As esponxas (tamén denominadas poríferos) son animais invertebrados exclusivamente acuáticos. Viven sobre substratos duros e a súa forma se adapta xeralmente ao obxecto que recubren como nas rochas. Son especies filtradoras de auga de onde obteñen o alimento. Moitas veces tapizan paredes rochosas, covas ou fendas en compaña doutros organismos como as anémonas ou estrugas de mar que adoitan formar campos de anémonas en zonas onde o ourizo de mar desnevolveu a súa acción herbívora sobre as algas pardas laminarias deixando algún claro no bosque. Capturan pequenos peixes cos sus tentáculos velenosos.

Aínda que ambas especies aparecen no submareal, as anémonas tamén poden estar presentes nas charcas ou pozas intermareais, pequenos espazos onde sempre queda auga e resultan doadas de observar. Son urticantes.

Esta imaxe foi tomada no medio mariño da illa de Ons.

Imaxe:

Suso Framil

Share This