_zx_9156-min-1

En formación de bandeira

Eucaliptos (Eucalyptus globulus) e acacias (Acacia melanoxylon) en formación de bandeira no arquipélago das illas Cíes sobrevivindo á dureza do medio, o vento, a insolación, a seca e a salinidade. Esta denominación fai referencia á incidencia que sobre as árbores causa sobre todo a acción do vento e o sal nas zonas máis expostas das illas.

Os eucaliptos foron introducidos coma cultivos nas illas Cíes na década dos anos 40 e 50 do século pasado ocupando unha notable extensión e conformando unha parte importante da paisaxe. Tamén foron introducidos piñeiros, sobre todo piñeiro marítimo (Pinus pinaster) e en menor medida piñeiro manso (Pinus pinea) e piñeiro de Monterrei (Pinus radiata). A acacia negra aínda que non foi introducida nestes cultivos, foi quen de colonizar unha ampla superficie das Cíes e tamén de Ons. Son especies alóctonas que se comportan coma invasoras desprazando á vexetación autóctona e albergando un sotobosque ben nulo ou moi escaso. Unha imaxe de Fernando Rey Daluz.

Podes ler tamén:

A forestación das illas Cíes modificou ecosistemas e cambiou a paisaxe (I)

Rafael Areses e a forestación das illas Cíes (II)

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: 

© Fernando Rey Daluz

Luzlux

Share This