peirao Ons pedro 2

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XX)

Os seus lugares

Embarcadoiro

Embarcadoiro localizado na parte leste da illa, no barrio de Curro. É o único embarcadoiro artificial da illa. Foi comezado cando a República, mellorado no ano 1946 cunha ampliación posterior. Xunto a este embarcadoiro está o areal chamado Praia de Curro ou das Dornas onde en 1942, rexistráronse 150 dornas dedicadas á pesca do polbo e na actualidade varan unhas poucas dornas de forma testemuñal. O embarcadoiro ten 220 m de lonxitude, é de forma alongada, e de pedra, coa superficie de cemento cunha anchura maior no extremo leste, onde se atopa un pequeno faro de sinalización. Aos dous lados ten os accesos mediante ramplas ou escaleiras de pedra pegadas á parede.

Cando a maior parte dos mariñeiros a da illa deixaron de utilizar as dornas en prol dos barcos a motor, solicitaron a construción dun novo embarcadoiro que dera abrigo ás novas embarcacións (esta problemática non existía anteriormente xa que as dornas varábanse na praia). Ante as continuas negativas e entre as dificultades que conlevaba ter que durmir no barco por mor dos temporais, pouco a pouco os habitantes da illa foron marchando para Bueu onde si tiñan un molle que reunía as condicións aptas para o amarre dos seus barcos a motor.

peirao Ons pedro 2

Imaxe: © Arquivo da Luz Atlántica

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Share This