O Con © Pedro Figueras

Dez imaxes definen arquipélago en Cortegada

O arquipélago de Cortegada está situado no no fondo da ría de Arousa, preto do esteiro do río Ulla. Pertence á parroquia de Carril (Vilagarcía de Arousa). Ocupa 191 héctáreas das que 43,8 son terrestres e 147,2 mariñas e forma parte do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia que está siuado nas Rías Baixas de Galicia.

Desta vez queremos facer fincapé na condición de Cortegada coma arquipélago e non coma unha única illa.

Por definición un arquipélago é un conxunto de illas e illotes máis ou menos próximas. E iso é o que é Cortegada, un arquipélago conformado por unha illa principal, Cortegada e un conxunto de illas, Malveira Grande e Malveira Chica, e illotes menores coma As Briñas e O Con Branco ou Cagado.

Dentro das illas Malveiras, a Malveira Grande posúe un dos bosques de cerquiño (Querqus pyrenaica) máis grandes que se conservan no litoral atlántico. Unha das mellores representacións costeiras da Península. Unha outra de tantas das peculiaridades que atesoura a Cortegada do seu máxico bosque de loureiros, da extensa e fantástica “colección” de cogumelos ou da historia dos seus habitantes. Todas elas segredos dun tempo pasado.

Fotogalería. Premer sobre as imaxes para as poder ampliar:

Imaxes fotogalería:

© Pedro Figueras/Arquivo da Luz Atlántica

Share This