Interpretación dun debuxo das illas Cíes avanzado o século XIX

  /  BIBLIOGRAFÍA   /  Interpretación dun debuxo das illas Cíes avanzado o século XIX

Interpretación dun debuxo das illas Cíes avanzado o século XIX

Interpretación dun debuxo das illas Cíes avanzado o século XIX

Interpretación dun debuxo a lapis das illas Cíes por Rafael Monleón y Torres avanzando xa o século XIX e datado nun período cronolóxico moi amplo, estimado entre 1863 e 1900

Partimos dende a base de que é un debuxo creado polo seu autor nun momento dado e dende un lugar e data exacta que non coñecemos. A perspectiva da imaxe estaría tomada xa ben dende unha embarcación, o litoral continental, a partir doutra imaxe ou dende a imaxinación do autor. Non o sabemos. Non temos máis datos ao respecto polo de agora.

Ao fin, é unha outra máis que interesante fonte documental de carácter gráfico, a partir da que semella unha recreación parcial do arquipélago das illas Cíes.

Unha vista dende o sur da cara oeste, da fachada oceánica das illas Cíes. Nun primeiro plano polo tanto a illa Sur, e o máis próximo sería o cabo de Vicos representado sen o seu faro. Sabemos que o proxecto do establecemento dun faro no cabo de Vicos data cando menos do ano 1864.

Tamén aparece recreada a presenza dunha embarcación, o que podería ser perfectamente unha gamela coruxeira a vela, a embarcación tradicional dos habitantes das illas Cíes, cando menos no século XIX e até as décadas dos anos 60 e 70 do século XX .

Xa detrás da illa Sur ou San Martiño observamos no debuxo o que resultaría ser a illa do Medio ou Montefaro. Tampouco se reflexa aquí a existencia do faro da illa do Medio ou Montefaro, xa construído entre 1851 e 1853. Descoñecemos tamén se dende a perpectiva na que foi tomado ou ideado este debuxo se miraba ou non a illa Norte ou de Monteagudo. Dende logo nesta imaxe non aparece.

Ou non existían ningún dos dous ditos faros (polo que o debuxo estaría realmente datado antes de 1851-1853) ou o autor obviou a a súa presenza por non cosiderala oportuna.

Dos cinco faros cos que contan as illas Cíes para axuda á navegación só coñecemos a datación do faro de Montefaro, o faro da Porta en punta Canabal, na illa do Medio, construído en 1918 e o do Peito na illa Norte en 1904. Polo tanto e até o de agora descoñecemos as datas de construcción dos faros de cabo de Vicos na illa Sur e o do illote Boeiro. Aínda que semellan polo seu estilo e factura, coetáneos dos dous anteriores, de principios do século XX, e incluídos no mesmo plan de sinalización e mellora da navegación.

Dende logo sí que podemos observar a partir deste debuxo que o autor pretente retratar a inmensidade dos abruptos cantís da cara oeste e oceánica das illas Cíes. Un cantís aparentemente carentes de vexetación,  e obviando como sinalabamos a presenza ou non dos faros sobre os que incidimos nesta ocasión (Vicos e Montefaro).

Tamén parecen intuirse no debuxo de Rafael Monleón y Torres as tres cotas máximas do relevo de San Martiño, monte Pereira, A Balcoeira e monte Galera.

A inclusión ou non do faro de cabo de Vicos da illa Sur no debuxo de Rafael Monleón y Torres, de estar xa ou non construído, e cando se tomaron estes apuntes da paisaxe, axudaría a ser máis preciso na datación do faro e do propio debuxo. A catalogación do debuxo abrangue un período estimado e comprendido entre os anos 1863 e 1900. Unha cronoloxía que coincide dende a publicación da redacción do primeiro proxecto deste faro ata a súa conclusión.

A identificación do lugar do debuxo resulta grazas ao lugar da localización, que aparece no lado inferior esquerdo da imaxe.

Este debuxo de Rafael Monleón y Torres está incluído no Catálogo colección dibujos originalesApuntes de paisaje da Biblioteca Nacional de España.

Premer sobre as imaxes para acceder á fotogalería:

Pódenche interesar tamén as seguintes entradas:

Faros do Parque Nacional: Monte Faro, illas Cíes (I)

Faros do Parque Nacional: Faro de Ons

Faro de Ons. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XVI)

Faros do Parque Nacional: o faro de Sálvora

Na illa de Sálvora aínda existe un faro habitado*

Cando o ceo escurece acéndese o faro de cabo Silleiro

* O faro de Sálvora, automatizado, xa non se atopa habitado a día de hoxe

Imaxes fotogalería: © Arquivo da Luz Atlántica, © Autoridade Portuaria de Vigo, © Santiago Boado Aguinaga* e © Suso Framil.

*As imaxes de Santiago Boado Aguinaga foron tomadas no Arquivo da Autoridade Portuaria de Vigo

Imaxe destacadaRafael Monleón y Torres na © Biblioteca Nacional de España

FontesEuropeanaGaliciana e Biblioteca Nacional de España.

 

 

Share This