Jules_Verne_in_1892-min

De Verne a Vigo. Encontro internacional Vigo Verne 2018

Vigo celebra en febreiro cun amplo programa de actos o 150 aniversario da chegada do Nautilus e os 140 anos da primeira visita de Verne

de verne a vigo

A cidade de Vigo celebra en 2018 dous aniversarios vernianos. Dunha parte, unha efeméride literaria: os 150 anos da entrada -o 18 de febreiro de 1868- do submarino Nautilus na ría de Vigo na novela 20.000 leguas de viaxe submarina. Doutra, os 140 anos da primeira visita de Jules Verne á cidade, en xuño de 1878.

Para celebralo, o concello de Vigo, coa colaboración da Sociedade Hipánica Jules Verne, organiza o Encontro Internacional De Verne a Vigo 2018, que reunirá a expertos nunha ampla programación cultural.

A cita verniana abrirase o xoves 15 de febreiro coa conferencia inaugural a cargo de Piero Gondolo della Riva. O venres 16, comezará cunha ruta verniana desde a fortaleza de O Castro (á que Verne ascendía cada mañá nas súas dúas visitas á cidade). Desde alí, tentaremos seguir o rastro do Nautilus e coñeceremos a Batalla de Rande, tal e como o capitán Nemo contouna ao profesor Aronnax.

Seguirá un amplo programa de conferencias no Auditorio da Praza do Rei, coa participación da directora do Museo Jules Verne de Nantes, Agnès Marcetteau, a educadora francesa Daisy Houlès e diversos expertos como os membros da SHJV Nicolás Moragues, Jesús Navarro, Pasqual Bernat e Eduardo Rolland. Colaboran nesta xornada de charlas, abertas ao público en xeral, a Alianza Francesa, o Instituto de Estudos Vigueses e o Campus do Mar da Universidade de Vigo.

A xornada do sábado comezará cunha ofrenda floral ante o monumento a Jules Verne nos xardíns do Real Club Náutico. Seguidamente, os participantes embarcarán no Nautilus, un barco oceanográfico dotado cun robot submarino, chamado Nemo, no que farán o percorrido do submarino de 20.000 leguas e contemplarán nas pantallas a mesma paisaxe baixo o mar.

Pola tarde do sábado, está prevista unha recepción a bordo dun buque escola ruso de tres mestres que visitan Vigo para a ocasión. Será un gran escenario para lembrar os grandes buques que Verne reflicte nas súas novelas de tema mariño. Con este acto péchase o Encontro Internacional.

Ao día seguinte, domingo 18 de febreiro, haberá rutas marítimas* cada dúas horas -abertas ao público en xeral- con saída desde o porto deportivo do Náutico, cun guía experto, facendo o mesmo percorrido do Nautilus e lembrando a figura de Jules Verne.

A programación en Vigo 2018 non terminará aquí. Desde abril ata outubro, no Museo Marco de Vigo, abrirase unha gran exposición sobre o mundo de Jules Verne. E están previstos novos eventos ao longo do ano.

Jules_Verne_in_1892Retrato en fotografía de Jules Verne en 1892 © Wikipedia

O Encontro Internacional Jules Verne Vigo 2018 reunirá na cidade aos expertos mundiais:

Piero Gondolo della Riva (Italia)
Considerado o maior experto na obra de Jules Verne, o italiano Gondollo della Riva consagrou a súa vida ao estudo da vida e obra do escritor de Nantes. Descubriu novelas inéditas, refutado apócrifas ou sacado á luz documentos descoñecidos, moitos dos cales adquiriu aos herdeiros de Verne e hoxe consérvanse en diversas bibliotecas e museos. É o autor da máis completa bibliografía sobre Verne e varias obras capitais sobre o autor.

Agnès Marcetteau (Francia)
Directora do Museo Jules Verne de Nantes (Francia). Esta experta achegaranos á vida diaria do escritor francés e permitiranos coñecer a súa figura, que deixou o seu sinal nas súas dúas visitas á cidade de Vigo.

Jesús Navarro (Catedrático de Física. Univ. Valencia, España)
Profesor de Investigación no Instituto de Física Corpuscular (centro mixto CSIC e universidade de Valencia), Jesús Navarro é unha autoridade en ciencia e un gran divulgador. Talvez por iso é tamén un acreditado investigador da obra de Verne, estudioso dos seus aspectos científicos. En Vigo falaranos da tecnoloxía do Nautilus.

Nicolás Moragues (Palma de Mallorca, España)
Secretario da Sociedade Hispánica Jules Verne, Nicolás Moragues, doutor en Historia, é un experto en Verne, organizador de diversas actividades culturais ao redor da súa figura, como o I Congreso Internacional Verniano celebrado en Barcelona en 2013. Como historiador, fixo a súa tese doutoral sobre a Revolución Cubana, tema que alterna co da vida e obra do escritor de Nantes nas súas sucesivas publicacións.

Pasqual Bernat (Barcelona, España)
É Doutor en Historia da ciencia pola Universitat Autònoma de Barcelona e membro da Sociedade Catalá Jules Verne. Escribiu numerosos artigos sobre historia da ciencia e actualmente áchase iniciando unha investigación sobre a obra verniana e as súas relacións coa ciencia do século XIX.

verneEscultura dedicada a Jules Verne en Vigo © Paco Álvarez

Programa:

Xoves, 15 de febreiro

20.00h Conferencia de apertura no Auditorio Municipal.
A conexión Jules Verne
Piero Gondolo della Riva (Italia)
Presenta: D. Abel Caballero (Alcalde de Vigo)

Venres, 16 de febreiro

10.00h Ruta Literaria Vigo Verne
Dirixida por Eduardo Rolland. Aberta a toda a cidadanía, previa inscrición. Ruta literaria a pé coa participación dos expertos do Encontro Internacional. Desde a fortaleza de O Castro ata o Casco Vello e A Laxe, narrando a visita do Nautilus, as visitas de Verne a Vigo e a batalla de Rande.
Logo, no Auditorio Municipal:
11.15h Presentación
Daisy Houlès (Nantes, Lycée Nicolas Appert), Clara Liz (Vigo, CPR Plurilingue Losada) e Sara Alonso (Vigo, IES Castelao). “Verne como proxecto educativo”.
12.00h Conferencia
Leticia Costas (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil). “A vida secreta de Verne en Vigo”
13.00h Conferencia
Pasqual Bernat. “Vigo en 20.000 leguas de viaxe submarina: guerra e liberdade na ficción verniana”
17.00h Presentación de libro
Jean-Pierre Bouvet. “Lles machines extraordinaires de Jules Verne”
17.30h Conferencia
Agnès Marcetteuau (Museo de Nantes). “As viaxes extraordinarias”
18.30h Conferencia
Jesús Navarro (CSIC): “Novidades científicas e tecnolóxicas a bordo do Nautilus”
20.00h Conferencia
Nicolás Moragues. “As viaxes de Jules Verne”

Sábado, 17 de febreiro

11.00h Ofrenda floral a Jules Verne. No monumento a Verne, no paseo das Avenidas, depositarase unha coroa de flores, nun acto coa participación dos congresistas, amenizado por un conxunto de corda. Palabras dos participantes e autoridades. (En caso de choiva, trasladarase o acto ao Salón Nobre do Real Club Náutico).
12.00h Ruta marítima a bordo dun barco coa participación dos expertos, autoridades, medios de comunicación e cidadáns previa inscrición. Percorrido ata o estreito de Rande para lembrar a visita do Nautilus e de Jules Verne á ría de Vigo.
14.00h Fin do evento

*Rutas marítimas do Nautilus na ría de Vigo
Sábado 17 na tarde e domingo 18 na mañá e na tarde
Saídas a bordo do buque Nautilus, seguindo a ruta do submarino de Verne.
Inmersións do robot ‘Nemo’ nos fondos da ría de Vigo
Duración: 1 hora
Saída: Peirao do Real Club Náutico
Información, reservas e compra de tickets na web oficial do organizador Ocean Secrets

verne 1

 

vigo2018

Máis información:

VigoVerne

Sociedade Hispánica Jules Verne

Imaxe destacada: © Wikipedia

 

Share This