2016_-_09_-_salvora_0042

Curta documental: “O torreiro de Sálvora”/Soy Cámara

En 1980, Julio Vilches chega á illa de Sálvora, situada na bocana de entrada á Ría de Arousa (Galicia), para traballar como torreiro durante 37 anos até a recente automatización do faro en agosto de 2017. Nesta curta documental, Julio narra en primeira persoa o que era gozar e vivir nun lugar salvaxe, unha illa practicamente deshabitada que pertencía a un marqués. Fala da evolución do propio faro, das tarefas que acometía, e as actividades diarias ás que dedicou o seu tempo. A súa narrativa oral vai acompañada por imaxes da illa e o faro, filmado en Súper 8, un apoio de filme analóxico que comparte un anacronismo co tema dos faros.

A entrevista no faro foi realizada en maio de 2017 ante a súa inminente automatización e extinción da figura do torreiro en Sálvora.

Soy Cámara CCCB / The lighthouse keeper of Sálvora | Soy Cámara

Guión e direcciónGloria Vilches

Producido por CCCB

Edición: José Antonio Soria

Música: Julio Vilches ( “Canción del Jangadero”)

Debuxo do mapa de Sálvora: Julio Vilches

Agradecementos: Julio Vilches e Eila Rodríguez Figueiras

Lingua: español

Duración: 11 minutos

Imaxe destacada: © Arquivo da Luz Atlántica

Share This