cruceiro ons

Cruceiro de Ons. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XIV)

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XIV)

Os seus lugares

Cruceiro de Ons

Cruceiro emprazado no alto do barrio de Curro xunto á igrexa de San Xaquín, no seu lado leste en fronte da sancristía, nunha zona axardinada que funciona como lugar de campo da festa onde se festexa o día do patrón.
O cruceiro está feito en pedra de granito sobre tres escadas de planta cadrada.

A base é de planta cadrada sen ningunha inscrición ou motivo decorativo. O fuste é de sección cadrada coas esquinas en chaflán. En dúas caras do fuste hai dúas pequenas imaxes en relevo, na nordés a Virxe co neno en brazos e na suroeste unha figura masculina dun santo. O capitel é unha peza exenta de granito de forma cadrada, coa imaxe de doce figuras humanas, tres en cada unha das caras, que poderían corresponderse cos doce apóstolos.

Sobre o capitel se dispón a cruz de forma latina e sección cadrada. Na cara suroeste, no reverso, ten unha imaxe que representa á Virxe coroada, sedente con neno nos brazos, e no anverso unha imaxe de Cristo crucificado de tres cravos, co pano da pureza e a súa cabeza inclinada cara ao lado dereito. Tanto a Virxe como Cristo e o resto das figuras do cruceiro son de formas redondeadas.

cruceiro ons 2

 

Imaxe destacada: vista xeral do cruceiro. O cristo, no anverso, está orientado ao leste © CSIC

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Publicado por

Cíes.gal

Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.