crebeiros

Crebeiros no Mundo

O sábado 29 e domingo 30 de outubro, o CEIDA, RetoqueRetro e Mar de Fábula organizan o Encontro Internacional ‘Crebeiros no Mundo’, un espazo aberto para falar das Crebas (todo aquelo recollido nas praias, devolto polo mar e susceptible de ser reutilizado) como Arte, como medio de transmisión dunha realidade de intoxicación do planeta por plásticos que van parar ao mar. O acto inclúe limpezas ás praias, obradoiros e composicións artísticas, dirixidas tanto a público adulto como a nenos. Todas as actividades son de balde pero é preciso inscrición.
Máis información: http://bit.ly/2e5l1rM

Xunto a RetoqueRetro e Mar de Fábula organizamos o Encontro Internacional CREBEIROS NO MUNDO / BEACHECOMBERS AROUND THE WORLD, un espazo aberto para falar das crebas (todo aquelo recollido nas praias, devolto polo mar e susceptible de ser reutilizado) como Arte, como medio de transmisión dunha realidade de intoxicación do planeta por plásticos que van parar ao mar. O acto inclúe limpeza de praias, obradoiros e composicións artísticas dirixidas tanto a público adulto como a nenos. Valo perder? Inscríbete xa, todas as actividades son de balde!
Máis información na seguinte ligazón: http://bit.ly/2e5l1rM

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Share This