CMGrandeBeluso

Corvo mariño grande ou real na xunqueira do río Lagares

O corvo mariño grande ou real (Phalacrocorax carbo) xunto ao corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) son as dúas especies de corvos mariños presentes nas nosas augas, tanto costeiras como do interior. Orixinalmente, o corvo mariño grande era só invernante, pero desde hai uns anos asentouse como reprodutor nalgúns encoros do interior da Penísula aínda que en Galicia ata o dagora non. Atópase en expansión, e, dado que é un consumado pescador, nalgunhas zonas entrou en conflito cos pescadores deportivos, que o acusan de consumir peixes de interese pesqueiro e comercial. Nós non estamos dacordo con eses argumentos.

O Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) é unha especie fundamentalmente piscívora puidendo capturar grandes peixes namentres mergulla. Está máis asociado a lagoas, xunqueiras, ríos e e esteiros que ao medio mariño, aínda que é frecuente observalos no interior das rías. O seu tamaño é bastante máis grande ca o do noso corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis).

Nas imaxes do audiovisual de Basilio Cegarra  aprezamos o comportamento dun Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), acompañado dunha garcetaEgretta garzetta) xunto a un grupo de ruidosas gaivotas reidoras (Chroicocephalus ridibundus). Imaxes capturadas na xunqueira e no esteiro do río Lagares que desemboca no areal de Samil en Vigo.

A imaxe destacada foi tomada por Suso Framil en Beluso (Bueu).

Pódeche interesar tamén:

Aves mariñas na ría de Vigo

VER VÍDEO:

Imaxe destacada: 

© Suso Framil

Audiovisual:

© Basilio Cegarra

Share This