Cafe_Sal_Raquel

Comeza a VII edición do ciclo de conferencias “Café con Sal” co documental “Mareas Rojas”

O vindeiro xoves 19 de xaneiro da comezo a VII edición do ciclo de conferencias científicas “Café con Sal”, que constará dun total de 14 ponencias distribuídas ao longo do ano 2017. As conferencias terán lugar no salón de actos da ECIMAT o primer e tercer xoves de cada mes (salvo excepcións), entre as 11 e as 11:30 h.

O obxectivo deste ciclo de conferencias é o de ofrecer un punto de encontro entre investigadores, alumnos e profesionais do sector do mar co fin de compartir coñecementos, xerar debates e novas ideas que sirvan de xerme de posibles colaboracións. Este programa pretende ademais contribuir á difusión da investigación mariña realizada na Universidade de Vigo e no resto de centros de investigación da nosa área. Con este propósito esta nova edición incorpora a grabación en vídeo e a publicación de todas as presentacións na web da ECIMAT.

O encargado da apertura desta VII edición será Francisco Rodríguez, investigador do Instituto Oceanográfico de Vigo, quen nos presentará o documental “Mareas Rojas“, dirixido por Manuel E. García Branco (IIM-CSIC) e por Jorge Hernández Urcera (IEO). Este doumental mostra a relación existente entre as condicións oceanográficas e a dinámica fitoplanctónica responsable da presenza de biotoxinas nas rías, así como o papel da comunidade científica na investigación de sistemas fiables de detección e de métodos de análises exhaustivas que consigan a prevención ou detección temperá destes episodios tóxicos. Durante a conferencia o ponente explicará este complexo fenómeno oceanográfico que ten cada vez maior relevancia debido ao cambio climático, destacando o potencial investigador que existe en Galicia sobre este tema.

Para máis información sobre este documental pode consultar a web www.mareasvermellasgalicia.com

Programa completo

Cartel Conferencia – Documental Mareas Rojas

 

Ecimat

 

Share This