Cies.gal é un portal Web que busca vertebrar, cohesionar e promocionar a oferta de produtos e servizos que viran ao redor deste enclave e a súa área de influencia socioeconómica, promovendo a conservación do seu patrimonio a través da difusión de contidos especializados e de calidade.

Cies.gal quere facer partícipe desta iniciativa a todos aqueles actores que realizan algún tipo de actividade ao redor desta contorna, ofrecendo unha atractiva canle de comunicación, difusión de contidos e comercialización electrónica dos seus produtos e servizos.

Cies.gal é unha iniciativa de Social Blue Markets, empresa nacida da man dun grupo de profesionais do ámbito das novas tecnoloxías, a comunicación dixital e o audiovisual. 

Social Blue Markets ten como obxectivo fundacional o desenvolvemento de produtos innovadores cunha proposta de valor centrada no usuario e o colectivo do que forma parte, facendo uso de técnicas que dean soporte aos novos modos nos que o usuario interactúa coa súa contorna a través da tecnoloxía.

Social Blue Markets é cualificada como ILE, Iniciativa Local de Emprego pola Xunta de Galicia e o Concello de Vigo no ano 2013, o que apoia o seu compromiso na xeración de emprego e riqueza na súa contorna máis próxima.