Ciclo de cine ambiental “Cine en Verde” esta Semana Santa

  /  ACTUALIDADE   /  Ciclo de cine ambiental “Cine en Verde” esta Semana Santa

Ciclo de cine ambiental “Cine en Verde” esta Semana Santa

Ciclo de cine ambiental “Cine en Verde” esta Semana Santa

O Parque nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia continúa en marzo cunha das propostas xa coñecidas da súa programación: o ciclo de cine ambiental Cine en verde. Unha serie de proxeccións coas que queren achegar a oferta audiovisual de cinema vinculado á natureza a toda a familia.

Desta vez contan con dúas propostas para as datas de vacacións de Semana Santa. O venres 30 será o quenda, ás 18 horas, do documental Los bosques del norte, da serie Los desafíos de la Tierra da cadea de televisión británica BBC.

O sábado 31, ás 17 horas, será a proxección do filme El libro de la selva, na súa versión de 2016.

As proxeccións serán en español, con subtítulos neste mesmo idioma.

A organización avisa que só se permitirá á entrada ás proxeccións, no salón de actos do Centro de visitantes da sede da rúa Oliva do Parque en Vigo ata 15 minutos despois da hora de comezo

cine semana santa 2018

Cultura de Galicia

Imaxe destacada: © Fernando Rey Daluz

Share This