facho3-min

Chasco sobre penedo colonizado por uva de gato

Chasco común (Saxicola rubicola) sobre penedo colonizado por uva de gato (Sedum hirsutum)

O chasco común (Saxicola rubicola) é un pequeno e inquedo paxaro cun chasquido característico que lle dá nome. Resulta inconfundible polo seu reclamo (“chac-chac”).
É moi habitual entre a matogueira costeira de toxos e xestas. Na imaxe, un exemplar na Costa da Vela (Cangas do Morrazo), nunha rocha colonizada por uva de gato ou boubín (sedum hirsutum).
Resulta moi doado de observar nos diferentes arquipélagos do Parque Nacional tanto pola súa abundancia coma polo seu hábito de pousar ao descuberto no alto da matogueira arbustiva ou sobre penedos.
O exemplar presente na imaxe é un macho, pola súa cabeza negra, peito arrubiado e mancha branca no pescozo. As femias diferéncianse polas súas cores acastañadas.
 Imaxe:
© Basilio Cegarra

Publicado por

Santiago Boado Aguinaga

Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.