cemiterio-cies-4-min

Un cemiterio nas illas Cíes. Fotogalería

Nos últimos meses, o diminuto e inclinado cemiterio das illas Cíes foi obxecto dunha pequena limpeza e restauración na que se localizaron e catalogaron os enterramentos que perduran en dito camposanto. A principios do século XX facíase patente a necesidade da construción dun cemiterio nas illas Cíes, xa que anteriormente á súa existencia, tanto veciños coma náufragos eran soterrados nas dunas proximas. Ubicado na illa do Medio ou de Montefaro, non sería até o ano 1927 en que rematara a súa construción e se levara a cabo a bendición coma lembramos nas seguintes ligazóns.

Tamén podes consultar: 

Proxecto de cemiterio para os veciños das illas Cíes, 1913 (I)

Bendición cemiterio das illas Cíes en 1927

Misa de campaña nas illas Cíes en 1927

Fai clic sobre as imaxes para amplialas

 

Imaxes:

© Pedro Figueras/Arquivo da Luz Atlántica

Share This