paco-160826-0327-min

Cae a noite dende o faro de punta Robaleira en cabo Home, Costa da Vela. Ría de Vigo.

A noite colleunos no faro de punta Robaleira en Cabo Home, na costa da Vela ou Suavela, en Cangas do Morrazo, na ría de Vigo. Atopámonos nas Rías Baixas de Galicia.

Diante de nós, en primeiro plano, un buque fondeado ao refuxio do dique natural que constitúe o arquipélago das illas Cíes. Nesta imaxe aprezamos unha vista parcial da illa Sur ou de San Martiño. Tamén observamos a boca Sur da ría de Vigo e máis ao fondo, o faro de cabo Silleiro en Baiona.

Outra espectacular imaxe do noso amigo e colaborador Paco Álvarez.

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

 

Imaxe:

© Paco Álvarez

Share This