00928-min-min

Buque balizador “Ramiro Pascual”

Imaxe do buque balizador “Ramiro Pascual” na dársena da Laxe do porto de Vigo. O nome desta embarcación está adicado ao enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, Ramiro Pascual, encargado do Servizo Marítimo da provincia de Pontevedra ata principios do século XX.

De casco de madeira foi pouco a pouco substituído e relevado nas súas tarefas polo “Rías Bajas”, construído no ano 1965 e aínda *operativo para o mantemento de faros, balizas e sinais marítimos da ría de Vigo.

O “Ramiro Pascual” era un barco a vapor que prestaba servizo aos faros e balizamentos das rías de Arousa, Pontevedra-Marín e Vigo xunto a outro de menor tamaño, o “Faros”. Lamentablemente ambos foron desguazados.

Tanto o “Faros”, o “Ramiro Pascual” e o buque”Rías Bajas” eran visitantes habituais das illas oceánicas do Parque Nacional, acudindo a Cíes, Ons e Sálvora xa ben para relevos dos torreiros, transporte de víveres, combustible e servizo de reparación e mantemento dos faros de Montefaro, Bicos, A Porta, O Peito, faros de Ons e Sálvora.

*Aínda que nun excelente estado de conservación, o buque balizador “Rías Bajas” atópase atracado actualmente na dársena da Laxe sen saír a navegar dende a xubilación do seu patrón hai cousa dun ano aproximadamente.

Tamén podes ler:

Ponte do buque balizador “Rías Bajas”

 

Imaxe:

© Arquivo da Autoridade Portuaria de Vigo

Share This