Foto Lagos Vida Gallega

Nas illas Cíes, nos primeiros anos do século XX (1903), os seus habitantes vivían sen seguridade, sen lei nin autoridade. Tamén carecían de servizos espirituais e sanitarios. Non había máis “autoridade” que o torreiro que denunciaba os feitos que aportamos sobre os actos vandálicos protagonizados polos traiñeiros. Aínda así, tras dita denuncia, tres anos despois (1906), a situación semellaba descontrolarse por completo.

O torreiro do faro de Cíes, comunícaballe ao comandante do canoneiro “Vasco Núñez de Balboa”, fondeado en San Martiño, os actos vandálicos que causaban os mariñeiros das traíñas que alí fondeaban, e a carencia de medios para corrixir estes comportamentos indesexables para os habitantes das Cíes.

Estes traiñeiros prenderon lume á vexetación das Cíes, roubaron animais e mesmo contaminaron as fontes botándolles ovos de gaivota.

Na segunda parte deste artigo abordaremos moito máis polo miúdo os terribles actos de vandalismo e brutalidade que cometían os pescadores das traíñas nas illas. Chegaron profanar tumbas das dunas de Cíes. Afondaremos sobre estes detalles e outras cuestións que nos aportan estas notas de prensa e que contan historias da paisaxe antes da forestación. Tamén sobre a vida dos habitantes das illas Cíes. Xa pecharan as factorías de salgado de peixe, agora convertidas en almacéns de pesca. En parte, o modo de vida cambiara. Nestes anos de 1900 non habería nas illas Cíes máis de 70 habitantes fixos e temporais.

20-22/07/1903

“Abusos de los pescadores

Hallándose el viernes por la tarde anclado el cañonero Vasco Núñez de Balboa en la isla de San Martín, se presentó a su comandante el torrero del faro de Cíes D. Alonso Ordóñez para denunciarle los siguiente hechos:

Que los pescadores que toman por estancia los fondeaderos de aquellas islas cometen a diario atropellos que quedan impunes por falta de medios para corregirlos.

Desde hace pocos días se han dedicado a poner fuego a los bosques , habiendo destruido gran parte en las tres islas, y llegando en la de Faro (la más habitada) a comprometer las viviendas, tanto que hubo necesidad de trabajar para sofocarlo.

Y que una fuente de la que se proveía el personal de la farola, ha sido cegada e inutilizada sus aguas, echándole huevos de gaviota y otras inmundicias.

El comandante del Vasco ha dado cuenta al comandante de Marina de la denuncia del torrero, y la citada autoridad la ha puesto en conocimiento del Gobernador civil por haber ocurrido los referidos sucesos en tierra, fuera del alcance de su jurisdicción.

La correspondencia gallega: diario de Pontevedra

Continuará…

Ler tamén: Habitantes das illas Cíes a finais do século XIX (I) e Brutalidade e salvaxismo nas illas Cíes. 1900 (II)

Imaxe:

Foto Lagos en “Vida Gallega”.

 

 

Share This