Vivenda Cortegada-min

Parque Nacional marítimo-terrestre das illas Atlánticas de Galicia. Arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

Breve aproximación á historia da illa de Cortegada (I)

Non se atoparon até o de agora restos prehistóricos nin castrexos na illa, e de época romana sabemos da referencia á illa como Corticata ou a aparición de ánforas nas súas augas.

Coma o resto dos arquipélagos do Parque Nacional, na Alta Idade Media, a illa de Cortegada sería doada á Igrexa compostelá tras o suposto descubrimento dos restos do Apóstolo Santiago. Foi moi preto da illa, en Iria Flavia, no entorno de Padrón.

Ao se atopar esta illa no esteiro do río Ulla, era unha vía de navegación cara Santiago de Compostela, sendo así un paso estratéxico para as incursións de normandos e musulmáns, que atacaron en diversas ocasións Compostela. Non sen antes deixar a súa pegada no litoral da ría de Arousa.

Nos séculos XV e XVI coa peste negra asolando Galicia e no medio de innumerables conflitos, establécese na illa de Cortegada un santuario onde implorar a curación dos afectados por esa enfermidade, o que se convertería na Virxe dos Milagres.

Na Idade Moderna, nos séculos XVIXVII e XVIIIpiratas e corsarios despréganse por toda a costa galega aínda que non coñecemos a afección que puideran ter as súas accións nesta illa.

A partir de 1596, na illa, aforada á igrexa, constrúese un hospital-lazareto para os peregrinos que levaban a cabo o Camiño por esta vía marítimo-fluvial do mar de Arousa.

Co poboamento da illa foise establecendo unha aldea onde aínda hoxe se conservan restos de vivendas, faladoiros, lagares, moas de muíño ou pías para o gando. Está situada na cara sur, preto do peirao xunto a actual ermida (a de hoxe é do s. XVII e funcionaría xunto ao lazareto até o s. XVIII).

Os habitantes adicábanse á pescamarisqueo e agrogandeiría con cultivos de milloviñas ou hortalizas, coidando de vacas, ovellas, cabras ou galiñas. A paisaxe era moi diferente á actual, xa que toda a illa estaba cultivada por minifundios e escasamente arborada.

A comezos do século XX os concellos de Vilagarcía de Arousa e Carril (ao que pertencía a illa, antes da unión de ditos concellos en 1908) decidiron doarlle o arquipélago ao rei Afonso XIII para que establecera a súa residencia de verán, mesmo se levantaron planos do pazo e dunha ponte levadiza que uniría a illa con Carril.

Naquelas datas habitaban a illa uns vinte veciños aínda que moitos dos terreos eran de xentes do entorno. Entre 1907 e 1910 tras moitos atrancos burocráticos faríase entrega da doazón. Mais por aquelas datas a Coroa xa puxera en marcha a construción do pazo da Magdalena en Santander como residencia de verán, quedando así paralizado o proxecto. O resultando desta decisión foi un couto de caza real na illa baixo a vixilancia duns caseiros mais xa sen veciños. O monarca chegou visitar a illa para unha xornada de caza aínda que parece non mostrou maior interese, véndose frustradas as aspiracións dos promotores do pazo real.

Durante a II República, en 1931 a illa pasaría a mans do Estado, establecéndose un destacamento de Carabineiros encargados da loita contra o contrabando e vixiar a propiedade.

En 1958 o illa sería recuperada polos Borbóns e o seu titular, D. Juán de Borbón, quen a vendería en 1978 a unha promotora inmobiliaria que pretendía levantar aquí un gran complexo turístico ao estilo da illa da Toxa. Unha iniciativa que foi freada pola veciñanza do entorno.

No ano 2002, sería incorporada ao Parque Nacional e no 2007 comprada pola Xunta de Galicia, sendo hoxe de propiedade pública.

Destacan os tres cruceiros que existen no arquipélago, todos eles contemporáneos, como parte da vía marítimo fluvial do Camiño a Santiago. Están emprazados na punta Corveiro, fronte á ermida e na illa Malveira Grande.

Continuará…

Tamén che poden interesar as seguintes entradas:

O arquipélago de Cortegada. Presentación

Na aldea de Cortegada. Fotogalería

Un bosque con aldea na illa de Cortegada

Un bosque na illa de Cortegada (I)

Un bosque na illa de Cortegada (II) Fotogalería

Dez imaxes definen arquipélago en Cortegada

Caserío de Cortegada en 1911

Marisqueo en Cortegada

Fungos na illa de Cortegada

Conservación de matogueiras arborescentes de “Laurus nobilis” na illa de Cortegada

Un estudo da UDC localiza ricas pradarías de seba nos fondos mariños de Cortegada e Sálvora

Guía micolóxica da Illa de Cortegada

 

Premer sobre as imaxes para ver fotogalería:

Imaxe destacada:

Caserío de Cortegada. Foto Gil

Imaxes: 

Biblioteca Virtual de Defensa:

Archivo Ruiz Vernacci

© Ministerio de Educación, Cultura y Deporte ©Instituto del Patrimonio Cultural de España Fotografía Instituto del Patrimonio Cultural de España

© Cíes.gal

Daniel Buján

Foto Gil

PNMTIAG

Vida Gallega

 Wikimedia:

By Oscar Wergeland – Guerber, H. A. (Hélène Adeline) (1909). Myths of the Norsemen from the Eddas and Sagas. London : Harrap. This illustration is the frontispiece. Digitized by the Internet Archive and available from http://www.archive.org/details/mythsofthenorsem00gueruoft Some simple image processing by User:Haukurth., Public Domain, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=4820110
By Olaus Magnus – Scanné de Coureurs des mers, Poivre d’Arvor., Public Domain, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=3518216By Olaus Magnus – Scanné de Coureurs des mers, Poivre d’Arvor., Public Domain, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=3518216

 

Share This