Starlight-Illas-Atlánticas

Usando a luz de forma intelixente e sostible no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, recentemente recoñecido coma destino turístico Starlight, ven de facer público un documento que recolle un conxunto de boas prácticas para a iluminación sostible das actividades nocturnas educativas e de lecer, en particular as de Astronomía, a realizar na contorna do Parque.

O texto, redactado por Salva Bará e Ana Ulla Miguel, doutores e profesores universitarios da Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo, respectivamente, presenta unha serie de recomendacións que teñen coma obxectivo o uso intelixente da luz, de forma que permita o normal desenvolvemento das actividades, evite accidentes nas persoas e as cousas, e minimice todo o posible a afectación ao medio ambiente nocturno.

As recomendacións contidas no texto deben entenderse como orientacións xenéricas, sen carácter legal, que procuran garantir o correcto uso da luz artificial. Prevalece en todo caso o disposto na normativa vixente, especialmente na relativa á seguridade no traballo e á prevención de accidentes, así como no R.D. 1890/2008, de 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de alumeado exterior e as súas Instrucións técnicas complementarias EA-01 a EA-07, en todo aquelo que resulte de aplicación.

Podes consultar o texto completo na seguinte ligazón:

Boas prácticas de iluminación en actividades nocturnas

 

Share This