Gorgonia e spirografo en Ons

Nas augas do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia existen diferentes ecosistemas mariños onde abondan as algas e os animais mariños. A súa presenza nos transmite a excelente calidade das augas deste medio mariño.

Nos fondos rochosos ben conservados e algo sombríos do infralitoral xorden multitude de algas e animais mariños. Algas verdes coma o ramallo de mar fixado á rocha, á dereita da imaxe.

Tamén aparecen nestas zonas rochosas as gorgonias, corais brandos. En primeiro plano. Son coralináceas incrustantes que forman comunidades. Constitúen un hábitat importante para moitos animais mariños, xa ben equinodermos, poliquetos, moluscos (cefalópodos, bivalvos), crustáceos e peixes litorales (dourada, sargo). Fixadas ao substrato, capturan partículas en suspensión, o plancton que aportan as correntes mariñas.

Do mesmo xeito, observamos ao fondo, un espirógrafo, un animal mariño. Son poliquetos, vermes sedentarios, fundamentais na reciclaxe da materia orgánica que chega ao fondo en proceso de descomposición.

Grazas á súa actividade vital nestes sedimentos, axudan a renovar a auga creando así as condicións de vida idóneas para outros organismos.

Así, a través desta imaxe dos fondos mariños das augas do Parque Nacional (neste caso de Ons), queda reflexada a presenza de tres especies que actúan coma bioindicadores da saúde e calidade das augas do noso Parque.

Imaxe:

Suso Framil

 

 

 

 

 

 

Share This